viernes, 10 de marzo de 2017
Diario de Sesións Tarefa Integrada Unidade 3
O primeiro día a miña tarefa que realicei coa axuda de Alba, foi a de dividir o texto en partes iguais para que todos tivésemos máis o menos a misma lonxitude de audio narrado. Despois, coa gravadora que trouxera á clase gravei o audio do texto que me correspondía e o da sección de Alba. Na miña casa colguei os audios no Google Drive para poder telos dispoñibles na clase. O seguinte día o que fixen foi (coa axuda de Alba), seleccionar os eventos que incluiríamos na cronoloxía do vídeo, ademáis de buscar as definicións das palabras de vocabulario que decidimos incluir. Despois disto, gravei o audio das seccións de Santi e mais Alejandro. Na terceira sesión estivemos recopilando e descargando tódolos documentos que iamos incluir no video, e seleccionando as tomas de audio apropiadas que quedaran mellor para incluilas no produto final, que subira tamén na conta de Drive, e despois comecei a montar o video coas primeiras fotografías, que se correspondian coa sección de audio gravada por AlbaTarefa Integrada Unidade. O último día o meu traballo foi o de acabar de volcar tódolos documentos, escribir os seus títulos e a cronoloxía e engadir o audio gravado previamente. Cando casi terminara de volcalo todo, o programa de Movie Maker se pechou automáticamente sen deixarme gardar o traballo feito durante toda a clase, polo que penso que deberei volver a repetir o traballo feito hoxe noutro momento para que poda ser evaluado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario