miércoles, 27 de enero de 2016

Exposición do Proxecto Vigo Sustentable


Durante a visita á empresa a miña tarea foi a de situar a entrevista no espazo adecuado para ter boa iluminación e son, decidín as preguntas que presentaríamos na video-reportaxe e me ocupei da gravación do vídeo.  Tamén fun a encargada da "direción", isto é organizar a Alejandra e Joaquín e o seu diálogo.

O traballo en equipo foi xeralmente equitativo pero eu me ocupei  de maior parte da distribución das tarefas no grupo e das actividades que incluian partes audiovisuales e informáticas.

Durante este proxecto aprendín moito sobre a gravación de material audiovisual e a edición dun vídeo, informeime sobre a busca de información, como contactar cunha empresa e a presentación dunha reportaxe. Ademáis, agora sei moito máis sobre a colleita de algas.

A parte máis difícil do proxecto foi organizar o tempo xa que todos tiñamos diferentes horarios e moitas veces as actividades veíanse dificultadas por a falta de comunicación por parte de algúns membros. Tamén custounos en gran medida atopar máis empresas cando xa recibíramos a negativa de todas as que contactamos.

O que me resultou máis doado foi a busca de información sobre as empresas xa que a maioría coas que contactamos tiñan páxinas web ou información de contacto relativamente accesible. Tamén foi fácil a redacción do reportaxe porque,  aínda que tivemos que escribilo desde cero, a información era moi similar á que obtiveramos sobre outra compañía.

Definitivamente se refixéramos o traballo  cambiaría a distribución do tempo xa que considero que se pasaramos máis tempo en contactar coas empresas e menos en buscar información, teríamos terminado o proxecto con máis antelación.
Non cambiaría o formato da reportaxe nin o audiovisual xa que penso que quedou bastante atractivo presentalo en formato de programa televisivo.

miércoles, 13 de enero de 2016

Diario de Sesións 9

Hoxe estivemos realizando e planificando a vídeo-reportaxe e o seu formato. Deseñamos a portada, buscamos a música e decidimos o que vamos a incluír nel e o papel de cada membro na súa produción. A parte, fixemos un pequeno resume do seu contido. O traballo foi fluído e teremos acabado o proxecto esta semana.