martes, 14 de junio de 2016

INSTRUCIÓNS DO NOSO XOGO

  • Participantes: de 2 a 5 xogadores individuais ou en equipos.

  1. Se determinará unha orde de participación e se numerará os equipos acordemente.

  1. Seguindo esta orde, cada equipo escollerá unha celda pregunta da táboa de acordo co tema e o “valor” desexado. Canto máis diñeiro represente a actividade, máis dificultade terá. Cada celda corresponde a dous preguntas ou actividades.

  1. Ao clicar no cadro da categoría elixida, se abrirá a primeira pregunta que non se poderá cambiar. O equipo disporá de 30 segundos para contestala.

  1. Se deberá clicar en “Resposta”. Se é respondida incorrectamente, o equipo non gañará o diñeiro e volverase directamente ao menú principal. Non se poden repetir as preguntas.

  1. Se é respondida correctamente se engadirá o importe á “conta” do equipo escribíndoa no espazo correspondente do menú principal. Débese clicar en “seguinte pregunta”. Esta segunda pregunta bonus non será sobre o mesmo tema, senón que corresponderá a un tema aleatorio (documentos xeográficos a interpretar, símbolos do país, clima).

  1. Se esta tamén é respondida correctamente, se engadirán $50 extra. Se é respondida incorrectamente, o equipo non gañará o bonus.

  1. Tras cada pregunta, débese clicar en “Volver ao menú” . Seguindo a orde establecida, cada equipo contestará as preguntas escollidas ata que a táboa sexa completada.

  1. Cando tódalas preguntas sexan contestadas, un equipo escollido ao azar terá a oportunidade de gañar uns $1000 adicionais respondendo á pregunta final.

  1. Ao completar a táboa, o equipo que conte con máis cartos dixitais será o gañador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario