jueves, 27 de octubre de 2016

Liberalismo

Tamén coñecido coma Liberalismo Clásico, o primer liberalismo é un concepto usado para describir as ideoloxía dos séculos XVII e XVIII basadas no realismo que e e a liberdade política, relixiosa, e económica, defendendo unha economía de mercado sen intervención por parte do Estado.

Xurdeu no século XVII en Inglaterra, entre a Guerra Civil e a revolución de 1688 a partir de argumentos que se opoñían á monarquía absoluta. Se desenvolveu especialmente neste século a partir da ilustración despois da Revolución Francesa e continuando a través da Guerra Fría e estendeuse especialmente por Europa, América Latina e América do Norte.

 Un dos pensadores liberalistas máis recoñecidos é John Locke. Coñecido como "pai do liberalismo clásico", este filósofo e médico inglés escribiu os primeiros escritos de teoría política liberal, que influíron máis tarde a outros como Voltaire e Russeau. Defendía que a diferenza entre o estado da naturaleza e a sociedade civil é o consentemento.

Charles Louis de Secondat, Señor de la Brède e Barón de Montesquieu foi un filósofo francés que no século XVIII escribiu múltiples ensaios defendendo, entre outras posicións, a separación de poderes que se ve recollida na súa obra de 1747 De l'esprit des lois (O espíritu das leis)


Thomas Jefferson, o tercer presidente dos Estados Unidos e un dos Padres Fundadores da nación, formou parte dunha corriente liberal basada no iusnaturalismo (a existencia de dereitos inalienables procedentes da propia naturaleza do ser humano) que describía John Locke.


DOCUMENTO: A Declaración da Independencia dos Estados Unidos

Fragmento:
Sostenemos que estas Verdades son evidentes en sí mismas: que todos los Hombres son creados iguales, que su Creador los ha dotado de ciertos Derechos inalienables, que entre ellos se encuentran la Vida, la Libertad y la Búsqueda de la Felicidad. Que para asegurar estos Derechos se instituyen Gobiernos entre los Hombres, los cuales derivan sus Poderes legítimos del Consentimiento de los Gobernados; que el Pueblo tiene el derecho de cambiar o abolir cualquier otra Forma de Gobierno que tienda a destruir estos Propósitos, y de instituir un nuevo Gobierno, Fundado en tales Principios, y de organizar sus Poderes en tal Forma que la realización de su Seguridad y Felicidad sean más viables. 

Neste segundo párrafo da Declaración da Independencia vense recollidos os termos máis representativos que a relacionan co liberalismo.
·Igualdade (ante a lei e o Estado)
·Dereitos inalienables (base do pensamento liberalista)
·Liberdade (é o dereito inviolable que defende o liberalismo)
·Pobo (o liberalismo promovía unha organización do Estado na que o poder non recaíra nun só monarca)

A Declaración da Independencia pode ser considerado un texto político, aínda que realmente a categorización máis acertada sería únicamente a de "declaración", e é unha fonte primaria xa que foi escrita na época da que nos informa.

Contexto histórico: foi escrita durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos, unha confrontación entre as trece colonias británicas establecidas en América do Norte e o Reino de Gran Bretaña. Esta Guerra forma parte da Revolución das Trece Colonias, e a Declaración da Independencia foi a principal maneira na que a descolonización se estableceu xurídicamente. Durante esta época o Segundo Congreso Continental era a forma de goberno nacional dos Estados Unidos de América, e o seu presidente era John Hancock, coñecido principalmente pola súa firma neste documento.
Foi aprobada o 4 de xullo de 1776 na cidade de Filadelfia, en Pensilvania.

A autoría deste texto é atribuida a Thomas Jefferson, aínda que o congreso inicialmente encomendou a tarefa da declaración a un comité formado por Benjamin Franklin, John Adams, Roger Sherman, Robert Livingston e Thomas Jefferson, todos os cales fixeron revisións que influiron na versión final. Non ten un destinatario claro, debido a que o seu propósito era simplemente o de anunciar e explicar a separación de Gran Bretaña.

A Declaración da Independencia é considerado liberal no sentido histórico xa que promove a liberdade, a igualdade e individualismo. No fragmento antes referenciado se ve claramente a referencia directa de Jefferson á idea de John Locke (padre do liberalismo) sobre os dereitos inalienables dos humanos (life, liberty and the pursuit of happiness). A alusión a Locke recorda que Jefferson defendía, ao contrario da creencia popular, que as persoas tiñan dereitos por fóra do seu goberno, procedentes da súa naturaleza.




Estas son as fontes usadas para obtener a información sobre os liberalistas principais durante os séculos XVII e XVIII.
https://es.wikipedia.org/wiki/Montesquieu
http://blogs.ua.es/ideaspoliticas/john-locke/
https://es.wikipedia.org/wiki/John_Locke#Bases_del_pensamiento_de_John_Locke
As seguintes son as fontes máis importantes sobre o desenvolvemento do pensamento liberalista ao largo da historia, e a súa relación coa Ilustración-
https://es.wikipedia.org/wiki/Historia_del_liberalismo
https://es.wikipedia.org/wiki/Liberalismo_cl%C3%A1sico
https://dlc.dcccd.edu/usgov1-2/origins-of-classical-liberalism
https://es.wikipedia.org/wiki/Ilustraci%C3%B3n
http://www.fundacionbases.org/cms/index.php?option=com_content&task=view&id=287
Finalmente, estas foron as páxinas das que extraín a información sobre o documento analizado:
https://es.wikipedia.org/wiki/Declaraci%C3%B3n_de_Independencia_de_los_Estados_Unidos
-O seu contexto histórico vese recollido na seguinte ligazón:
https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_de_las_Trece_Colonias
-A explicación que máis me axudou sobre a autoría da Declaración da Independencia (unha lectura breve e moi interesante para entender a orixe do documento).
http://www.surfnetkids.com/independenceday/261/who-wrote-the-declaration-of-independence/