miércoles, 23 de diciembre de 2015

Proxecto Vigo Sustentable

<iframe src="https://player.vimeo.com/video/152739753" width="500" height="281" frameborder="0" webkitallowfullscreen mozallowfullscreen allowfullscreen></iframe>
<p><a href="https://vimeo.com/152739753">ALGAMUNDi</a> from <a href="https://vimeo.com/user48114444">Rosa Maestu</a> on <a href="https://vimeo.com">Vimeo</a>.</p>

viernes, 11 de diciembre de 2015

Proxecto Vigo Sustentable

O noso proxecto pódese atopar aquí:

https://drive.google.com/file/d/0B3L79EmkIXCVRFNfN3lzZS10M0k/view?usp=sharing

Diario de Sesións 8

Desafortunadamente tódalas empresas coas que contactamos rechazaron a nosa petición, polo que proseguimos hoxe a contestar as preguntas sobre unha empresa imaxinaria, basándonos na información que tiñamos sobre unha das empresas. Estivemos tomando nota dos detalles que queríamos que tivese e seguimos redactando a reportaxe.

Diario de Sesións 7

Ningunha das empresas coas que contactamos responderon aos nosos correos polo que hoxe atopamos seis empresas máis ás que chamaremos por teléfono xa que estamos moi curtos de tempo. 

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Investigando a Empresa

1)       Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
Algas Atlánticas Algamundi S.L., ámbito multinacional (traballan en España e Portugal), empresa privada.
2)       Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.
Realizan actividades pertencientes ao sector secundario, procesan os produtos mariños.
3)       Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.
O sector secundario en concreto o subsector dos produtos mariños é moi importante no noso país xa que contamos con algúns dos portos máis produtivos do continente.
4)       Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.
A súa sede e a súa fábrica se localizan na zona vella da cidade, moi preto do porto de Vigo.
5)       Localización e factores de localización (páx. 84).
Algamundi goza de ter a súa fonte de materia prima moi próxima: o mar galego, tamén está cerca da zona comercial de Vigo o que lle facilita o transporte e distribución dos seus produtos. Esta área tamén ten boas redede transporte.
6)       Factores produtivos que precisa para a proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
Os recursos naturais son as algas, o traballo consta de vinte e oito empregados e o seu capital inclúe os materiais e a maquinaria da súa empresa.
7)       Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
Os seus produtos están dirixidos a tódalas zonas de España e Portugal.
8)       Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).
Incremento das vendas: anúncianse principalmente na rede e en revistas da temática a eido nacional.
9)       Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…
10)   Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
Se pode atopar aquí.
11)   Relacións da empresa con Organizacións empresariais.
Colaboran con SalnoFam, que lles axuda a extender as súas distribucións a Portugal.
12)   Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
Premio Biodiversidade 2015: Emprendedores do Medio Ambiente.

Preguntas para a nosa empresa

·Cando surxiu a idea para a empresa?
·Como foron os vosos inicios?
·Cal é o propósito principal da vosa empresa?
·Existe algún motivo polo que se sitúe nesa determinada área?
·Actualmente, con cantos empregados conta?
·Que tipo de empresas usan os seus produtos?
·De onde proceden os traballadores/as?
·Con cantos propietarios contades?
·É unha empresa pública ou privada?
·A que sector industrial e pertence?
·Cal é a situación actual do sector?
·Colaboran con empresas doutros países?
·Reciben vostedes subvencións? De que tipo?
·Onde desenvolven os seus proxectos?
·Teñen medidas preventiva de seguridade?
·Usan fontes de enerxía renovables?
·Principalmente teñen contratos fixos ou temporais?
·Que cualificacións son necesarias nos vosos traballadores?
·Que materias primas usan nas súas tarefas?

·Contan con maquinaria especializada?


miércoles, 2 de diciembre de 2015

Diario de Sesións 6

Hoxe estiven buscando otras alternativas para o noso traballo xa que ningunha das empresas que buscamos nos responderon positivamente. Aínda que o grupo estivo moi disperso atopei moitas boas opcións e decidimos chamar hoxe pola tarde para concertar unha entrevista con calquera delas. A maioría dos grupos xa teñen case acabado o proxecto polo que vamos moi atrasados. Esperamos poder coller o ritmo este ponte e tener o traballo preparado para a semana que ven, pero significa que todos os membros do grupo teríamos que colaborar.